
A Escola Universitaria de Enfermaría A Coruña é un centro docente, adscrito a Universidade da Coruña, que depende funcional e administrativamente da Conselleria de Sanidade. A súa misión é a formación de enfermeiras/os capaces de dar resposta ás necesidades de coidados das persoas, familias e comunidade (respetando os seus dereitos, valores, costumes e crenzas). Con capacidade científica, técnica e humana para realizar unha práctica reflexiva dende unha visión humanista e para asumir responsabilidades na potenciación da saúde e ó benestar individual y colectivo. Con capacidade e motivación para continuar a súa aprendizaxe o longo da vida e contribuir o crecemento do coñecemento profesional.
Competencias Específicas
- E1.- Coñecer e identificar a estrutura e función do corpo humano.
- E2.- Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos
- E3.- Comprender a morfoloxía e a fisioloxía dos microorganismos e os parasitos
- E4.- Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría.
- E5.- Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os mecanismos de acción dos mesmos.
- E6.- Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo.
- E7.- Coñecer e valorar as necesidades nutricionais das persoas sans e con problemas de saúde ao longo do ciclo vital, para promover e reforzar pautas de conduta alimentaria saudable.
- E8.- Identificar os nutrientes e os alimentos nos que se atopan.
- E9.- Identificar os problemas nutricionais de maior prevalencia e seleccionar as recomendacións dietéticas adecuadas
- E10.- Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
- E11.- Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital.
- E12.- Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións de saúde, seleccionando as accións adecuadas para proporcionar axuda nas mesmas.
- E13.- Establecer unha relación empática e respetuosa co paciente e familia, acorde coa situación da persoa, problema e saúde e etapa de desenvolvemento.
- E14.- Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
- E15.- Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
- E16. - Coñecer os principios da prevención e control da infección
- E17.- Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar ao estudante na prevención, na detección precoz, na asistencia, e na rehabilitación das vítimas de esta forma de violencia.
- E18.- Comprender a metodoloxía de investigación cualitativa en saúde
- E19.- Comprender la metodoloxía de investigación cuantitativa en saúde
- E20.- Comprender os métodos estatísticos frecuentes en estudios da área de ciencias da saúde.
- E21.- Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
- E22.- Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os planes de coidados correspondentes.
- E23.- Aplicar o proceso de enfermería para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
- E24.- Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
- E25.- Dirixir, avaliar e prestar los coidados integrais de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.
- E26.- Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, aa familia e aa comunidade.
- E27.- Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde.
- E28.- Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde -enfermidade.
- E29.- Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do contorno, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
- E30.- Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
- E31.- Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
- E32.- Analizar os datos estatísticos referidos a estudios poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
- E33.- Educar, facilitar e apoiar la saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
- E34.- Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases.
- E35.- Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
- E36.- Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
- E37.- Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
- E38.- Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
- E39.- Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
- E40.- Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa.
- E41.- Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións.
- E42.- Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato.
- E43.- Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento.
- E44.- Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións.
- E45.- Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermaría e as complicacións que poden presentarse.
- E46.- Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos nenos e os seus coidadores.
- E47.- Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e o enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento.
- E48.- Ser capaz de proporcionar educación para a saúde aos pais ou coidadores primarios.
- E49.- Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecer e a súa repercusión na saúde.
- E50.- Identificar as modificacións estruturais, funcionais, psicolóxicas e de formas de vida asociadas ao proceso de envellecer.
- E51.- Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes nas persoas maiores.
- E52.- Seleccionar as intervencións coidadoras dirixidas a tratar ou a previr os problemas de saúde e a súa adaptación á vida diaria mediante recursos de proximidade e apoio á persoa anciá.
- E53.- Coñecer o Sistema Sanitario Español.
- E54.- Identificar as características da función directiva dos servizos de enfermaría e aa xestión de coidados.
- E55.- Coñecer e ser capaz de aplicar as técnicas de dirección de grupos.
- E56.- Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría.
- E57.- Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidad de decisión do paciente e familia.
- E58.- Individualizar el coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores
- E59.- Coñecer os problemas de saúde mental máis relevantes nas diferentes etapas do ciclo vital, proporcionando coidados integrais e eficaces, no ámbito da enfermaría.
- E60.- Coñecer os coidados paliativos e control da dor para prestar coidados que alivien a situación dos enfermos avanzados e terminais
- E61.- Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo e con avaliación final de competencias.
- E62.- Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; en los Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais
Tipo B. Competencias Transversais/ xenéricas
- B1.- Aprender a aprender.
- B2.- Resolver problemas de forma efectiva.
- B3.- Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
- B4.- Traballar de forma autónoma con iniciativa.
- B5.- Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
- B6.- Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
- B7.- Comunicarse de maneira efectiva en un contorno de traballo.
- B8.- Capacidade de análises e sínteses.
- B9.- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
- B10.- Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
- B11.- Capacidade e habilidade de xestión da información.
- B12.- Capacidade para organizar e planificar.
- B13.- Toma de decisións.
- B14.- Habilidades interpersoais.
- B15.- Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
- B16.- Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
- B17.- Fomento de una 2º lingua de interese para a profesión.
- B18.- Desenvolver a capacidade de liderado.
- B19.- Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudo.
- B20.- Sensibilidade cara temas medioambientais.
- B21.- Implicación na calidade e busca da excelencia.
- B22.- Capacidade para motivarse e motivar a outros.
- B23.- Habilidade para traballar nun contexto internacional.
- B 24.-Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres
Tipo C. Competencias Nucleares da Universidade
- C1.- Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
- C2.- Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
- C3.- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe a lo longo da súa vida.
- C4.- Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
- C5.- Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
- C6.- Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
- C7.- Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
- C8.- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.