Ver oferta O noso hospital, situado no corazón da Ribeira Sacra, ofrece a posibilidade de incorporarse a un centro renovado, cun bo ambiente de traballo e cunha elevada calidade de vida nun entorno natural e cultural privilexiado. Achegamos un díptico informativo coa finalidade de que, se o consideran oportuno, poida ser difundido entre o alumnado de último curso, persoas recentemente graduadas e outras persoas interesadas en coñecer novas oportunidades profesionais.
Data publicación
Data límite
Oferta
12.05.2026
30.06.2026
Dende a Dirección do Hospital Público de Monforte de Lemos gustaríanos compartir con vostedes unha iniciativa de captación de profesionais de enfermaría dirixida especialmente a estudantes de último curso e persoas recentemente graduadas que desexen iniciar a súa carreira profesional nun entorno que combina desenvolvemento profesional e calidade de vida.