cas | gal
  • image description
  • image description
  • image description
  • image description
Programas nacionais de mobilidade
PROGRAMA SICUE. SISTEMA DE INTERCAMBIO ENTRE CENTROS UNIVERSITARIOS DE ESPAÑA

O sistema de intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE) é un programa de mobilidade nacional de estudantes universitarios, promovido por Crue-Asuntos estudantís e Crue-Internalización e Cooperación, que leva funcionando desde o ano 2000. Este programa permite aos estudantes realizar un período de estudos nunha institución universitaria española distinta a aquela na que o alumno se atopa matriculado, con garantías de recoñecemento académico e de aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular. Este programa ten en conta o valor formativo do intercambio, ao facer posible que o estudante experimente sistemas docentes distintos, incluído o réxime de prácticas, así como, os distintos aspectos sociais e culturais doutras autonomías e cidades autónomas.

Este programa de intercambio entre universidades españolas non dá dereito a axuda económica.

Estableceranse acordos bilaterais entre as distintas universidades para determinar os centros, titulacións, oferta de prazas e duración do intercambio. Os estudantes poderán solicitar a mobilidade, xeralmente entre os meses de febreiro e marzo, e difundirase no centro información relativa aos prazos de solicitude e posibles destinos. A continuación poderás ver a información referente ao programa de mobilidade e o modo de presentar a túa solicitude de participación.
Para calquera consulta pódeste dirixir ao/á Coordinador/a SICUE do teu Centro ou ao correo electrónico: sicue@udc.es

Máis información en:

PROGRAMA NACIONAL DE MOBILIDADE SICUE



PROGRAMA SICUE ESTUDANTES DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMARIA A CORUÑA
Diseño y desarrollo: Artismedia.es